Por último e, para despedirnos, queremos presentarvos o noso último proxecto que, como ben sabedes, é unha Web.
Pois ben, nesta web tratamos de recopliar todos os proxectos realizados ó longo de todo o curso na asignatura de Novas Tecnoloxías, xerando así unha web de entretemento e de adquisición de contidos acerca do tema inicial; é dicir, sobre o cambio climático. Así pois, o obxectivo desta web, ademais de achegar ó/á lector/a información fundamental do cambio climático, é tratar de concienciar sobre a importancia de reducir o cambio climático e, demais fenómenos consecuentes deste, que afectan en grandes rasgos ó noso planeta e, polo tanto, a todos/as os/as cidadáns.
Con isto, xa nos despedimos de todos e todas vós! Agardamos que ademais de que vos resultase interesante este blog, que vos servise de axuda para realizar novos proxectos e adquirir múltiple información sobre o tema a tratar.
Para a seguinte sesión de Novas Tecnoloxías decidimos realizar unha WebQuest; é dicir, unha ferramenta que axuda a mellorar a aprendizaxe, a desenvolver as competencias no manexo da búsqueda de información, a mellorar as calidades centradas na análise e sintetización dos contidos recollidos previamente.
Así pois, agardamos que vos axude a adquirir novos contidos e que, ó mesmo tempo, vos guste!
Como ben dixemos anteriormente, a nosa seguinte proposta foi un libro didáctico composto por diversas actividades. Así, se desexas coñecer ditas actividades preme en cada lúa!
Para esta seguinte tarefa que realizamos tivemos que deseñar unhas actividades multimedia interactivas relacionadas co noso tema inicial; é dicir, co cambio climático. Para iso, cabe destacar o uso de dúas ferramentas chave.
Por un lado, a primeira ferramenta da que fixemos uso foi Educaplay, unha plataforma deseñada para crear xogos didácticos, educativos e pedagóxicos que ofrecen a posibilidade de traballar con contidos e conceptos disciplinais. Ademais, contamos coa posibilidade de deseñar actividades que poden ser empregadas como revisión final e, ó mesmo tempo, como medio de avaliación alternativo. Así, en canto ós recursos expostos, podiamos escoller unha ampla variedade destes, posto que hai moitos tipos de xogos distintos. A pesar disto, todos os xogos teñen como obxectivo desenvolver e, por en práctica, diferentes competencias.
Deste xeito, consideramos que a plataforma Educaplay resultounos sinxela á hora de traballar xa que para o deseño das actividades contabamos coa axuda dun vídeo tutorial optativo no que se atopaban todo tipo de explicacións.
A segunda ferramenta que empregamos foi ExeLearning, a pesar que nun primerio momento traballamos con Edilim, un software deseñado para crear materiais educativos pero que, ó contrario de ExeLearning, ofreceunos unha ampla variedade de obstáculos. Así pois, a plataforma de ExeLearning trátase dun editor de libros que permite desenvolver actividades interactivas para distintas materias co fin de adecuar os contidos ao nivel preciso, contando pois, coa opción de engadir imaxes e sons, entre outros moitos instrumentos.
Como ben expresamos anteriormente, a nosa seguinte proposta didáctica foi un audiovisual realizado en equipo por todas nós, polo que, presentámosvos o nos videoclip.
A seguinte proposta didáctica a realizar é un audiovisual; é dicir, uha ferramenta con imaxes e sons, que se emprega xeralmente con fins didácticos. Deste xeito, para realizar dita práctica tivemos que realizar unha proposta de "DigitalStorytelling" onde explicitar os contidos a traballar, os obxectivos a acadar e a técnica obxecto de realización.
Así pois e, tendo en conta as suxerencias propostas, decantamonos por realizar un mix entre un videoclip coa colaboración de algún que outro/a familiar e un vídeo de concienciación, pois o tema de referencia empregado era o cambio climático, unha problemática que afecta a grandes rasgos pero que debería ser reducida da mior forma posible.
Deste xeito, a ferramenta que empregamos ofreceunos un amplo rango de imaxinación para diseñar e plasmar as ideas que abordaban na nosa mente, podendo así, compaxinar todas esas ideas de cada unha de nós e crear un videoclip con excelencia. Así mesmo, destacar que esta técnica é moi ampla; é dicir, aporta múltiples posibilidades á hora de deseñar o proxecto final, sen ter que centrarse só nunha idea en concreto.
Logo de realizar unha busca de recursos detida e de seleccionar aqueles que nos ofrecían maior interese e nos xeraban maior motivación, decidimos elaborar un póster dixital con toda a información no que, ademáis de aportar os recursos previos seleccionados, engadimos algunha que outra información "extra" de interese.
Deste xeito, coa creación deste póster dixital non pretendemos outra cousa que aportar, ó proxecto de prácticas xa existente, maior credibilidade e maior interese sobre o tema a tratar, chamando así a atención do/a espectador/a mediante os distintos instrumentos e interaccións empregadas.
Ola de novo a todos e a todas, como ben xa sabedes, neste blog que estades a ler falamos acerca de todos os proxectos realizados para a clase de Novas Tecnoloxías e que, do mesmo xeito, están relacionados co cambio climático. Así, no proxecto de recursos educativos dixitais a miña elección foi a seguinte.
Por un lado, a miña primeira elección foi unha canción infantil á que se pode acceder en Youtube co nome de "La hora del Planeta - Canciones Infantiles: Ahora, el Planeta♪♪". Esta canción fala sobre certas medidas que se poden tomar para conseguir que a contaminación se reduzca, diminuíndo así o cambio climático. Así mesmo, cabe destacar que algún dos aspectos favorables deste vídeo é a incorporación de subtítulos pero, sobre todo, a diversidade que reflexa; é dicir, a aparición, tanto de nenos como de nenas, acompañados/as de adultos/as.
Así pois, o fundamento da miña elección é que tanto as cancións como os vídeos e, incluso os xogos didácticos, serven para aprender coñecementos novos e facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Pois ben, neste caso, unha canción que mediante a súa letra reflexa accións que se deberían facer para reducir a contaminación, pode ser un gran mediador entre o alumnado e os contidos a aprender. Deste xeito, ó mesmo tempo que se adquiren conceptos, tamén se conciencia ós/ás cativos/as acerca da importancia de coidar o medio ambiente para lograr que o cambio climático diminúa.
En segundo lugar e, por último, decanteime por elixir un recurso máis familiar pero ó mesmo tempo innovador, un libro dixital que se coñece co nome de "El Secreto de Olga". Neste libro cóntanse as aventuras de Marcos e Olga, unha nena que vive nun lugar repleto de lixo coa súa irmá enferma a causa da contaminación existente no medio. Deste xeito, para axudala, Olga acudirá ao seu amigo Marcos e, xuntos emprenderán aventuras para salvar o planeta e a Lina, irmá de Olga.
A miña elección deste recurso foi debido a que os libros sempre foron unha fonte na que poder atopar información variada sobre temas determinados e, neste caso, sobre o cambio climático. Así, todos e todas poderán ter como referencia os actos realizados tanto por Olga como por Marcos e empregalos na súa vida diaria co obxectivo de reducir as malas condutas cara o medio ambiente.
Pois ben, con ambos recursos dixitais preténdese tanto concienciar a todos/as os/as cativos/as da importancia de coidar o medio ambiente como conseguir que estes/as adquiran novos contidos acerca dunha gran problemática como é o cambio climático. Non obstante, cabe destacar que coa miña elección non pretendo outra cousa que reflexar que coa axuda de cancións, xogos e vídeos tamén se pode aprender e, polo tanto, non só os libros son unha fonte fiable de información, pois a día de hoxe contamos con múltiples posibilidades, como son as citadas anteriormente.
Dado que o noso tema inicial é o cambio climático, seleccionei dous recursos educativos dixitais beneficiosos para axudar a concienciar ós/ás nenos/as sobre esta gran problemática que está a calcinar o noso planeta.
En primeiro lugar, o meu primeiro recurso é un vídeo sacado de Youtube que recibe o nome de "Taller Cambio Climático - Vídeo para educar a niños". Cabe destacar que neste vídeo recóllese información acerca das repercusións que xera o cambio climático ao redor do mundo e, mesmo reflexa a importancia de previr que este gran problema continue aumentado a través de diversos consellos e posibles medidas a tomar para protexer o planeta.
Pois ben, con esta elección, pretendo amosar que mediante os vídeos tamén se poden adquirir coñecementos totalmente novos ao mesmo tempo que fortalecer aqueles xa coñecidos. Así pois, coa axuda deste vídeo, pretendo comunicar dunha forma teórica e instructiva as causas e consecuencias máis detonantes do cambio climático. Así mesmo, cabe destacar que, en gran medida, a miña elección foi debido a que neste vídeo podemos apreciar diversidade; é dicir, nel refléxanse personaxes tanto masculinos como femininos e, ademais apréciase innovación e creatividade a través das imaxes proporcionadas.
En segundo lugar e, para rematar, decanteime pola elección dun videoxogo didáctico nomeado "Comandogioseppo" no que non se pretende outra cousa máis que concienciar a todos/as os/as cativos/as da importancia de realizar a práctica de reciclaxe diariamente, pois así tamén se colabora a reducir o cambio climático.
Así pois, esta elección debeuse a que coa axuda dos videoxogos, que son, polo xeral, moi empregados por todos os nenos e nenas, estes/as poden chegar a aprender novos contidos e mesmo retelos na memoria durante un longo período de tempo. Deste xeito, a finalidade de empregar este xogo, ademais de provocar a motivación coa diversión, é que o alumnado aprenda a importancia que ten coidar e respectar o medio ambiente.
En conclusión, considero que ambos recursos dixitais ofrecen novas oportunidades no proceso de ensinanza-aprendizaxe unha vez incorporar imaxes, sons, interactividade e creatividade así como elementos que reforzan a comprensión e motivación tanto no alumnado como no profesorado.
Ola! Como xa sabedes, o noso proxecto céntrase no cambio climático polo que, nesta segunda entrada individual, vou falar sobre os dous recursos que considerei máis adaptados para que o alumnado traballara sobre esta temática.
Pois ben, un dos recursos é un xogo didáctico chamado "Memorama del calentamiento global" e que pertence a unha páxina web denominada "Aprendizaje Verde".
O xogo proposto consta dunha serie de cartas que, dentro da propia páxina, poderás descargar para a elaboración da práctica, realizando así os procesos de imprimir e recortar. Dito xogo, consiste en que o alumnado debe facer parellas coas cartas: é dicir, achar aquelas cartas que sexan idénticas. Non obstante, cada parella de cartas contén medidas e/ou solucións que poden axudar a frear o cambio climático.
Deste xeito, considero que é unha forma amena e divertida para realizar o proceso de aprendizaxe xa que, dende o meu punto de vista, os nenos e nenas sempre estarán máis motivados a participar e aprender se isto se fai mediante un xogo.
O outro recurso que elixín, é unha páxina web denominada "Cambio Climático Global". Esta web emprégase, ao mesmo tempo que serve, para buscar información, aclarar as dúbidas existentes respecto ó cambio climático e as súas consecuencias e mesmo para resolver os conceptos menos claros acera do quentamento global, entre outras.
Considero pois, que esta é unha ferramenta moi útil dado que, a meirande parte das veces, precisamos saber ou conversar sobre un tema, que para nós é practicamente descoñecido, polo que, sempre se pode recorrer a páxinas web que nos informen sobre eses temas descoñecidos, neste caso sobre o cambio clímatico e, a maiores, sobre o quentamento global e o efecto invernadoiro. Polo tanto, este recurso pode ser moi apropiado para que o alumnado de Educación Primaria visite e adquira coñecementos sobre o tema a tratar.
O tema central do noso blog, como xa sabedes, é o cambio climático, polo que, respecto ós recursos elixidos, decanteime por dúas tipoloxías diferentes: un vídeo e un xogo online.
Por un lado, respecto á miña elección dun vídeo de Youtube denominado "Cambio climático para niños", cabe destacar que esta foi deido a que mediante os videos tamén se poden explicar contidos e, neste caso, faise referencia ó cambio climático. En especial, centreime neste vídeo xa que expresa o tema dunha maneira sinxela pero con contidos e metodoloxías significativas, incuíndo todas as temáticas importantes sobre o noso tema incial; é dicir, sobre o cambio climático. Así mesmo, este vídeo ofrécelle ós/ás cativos/as a posibilidade de atopar nel previas explicacións orais, dos fenómenos máis importantes, asociadas a imaxes que facilitan a adquisición de conceptos e/ou contidos.
Deste xeito, mediante o uso dos vídeos, ofrécense diversas posibilidades de manexar os contidos, de retroceder e revisar aqueles conceptos confusos e, incluso, de aclarar dúbidas visualizando de novo as partes importantes. Así, con esta proposta didáctica coidaba traballar os obxectivos relacionados co fenómero, pero, tamén desenvolver as competencias dixitais (unha das competencias chave europeas), permitíndolle ós/ás nenos/as familiarizarse co uso de internet e con recursos audiovisuais cos que poder explorar e coñecer os seus potenciais.
Polo outro lado, respecto ó xogo online elixido, coñecido como "Energy saving game", cabe destacar que este é un xogo que forma parte dun proxecto en rede para nenos e nenas chamado "Olli's world", no que se abarca o tema do cambio climático. Non obstante, este é un proxecto en inglés, polo que tamén o xogo elixido como recurso educativo o é.
Este, é un xogo tipo quiz que invita ós/ás cativos/as a xogar e traballar co tema do aforro enerxético e, dado que os elementos do xogo son obxectos que estes/as poden atopar nas súas casas, este recurso permítelles reflexionar acerca dos actos diarios que poden realizar para unha preservación e conservación do medio ambiente, ao igual que para combater paseniñamente o cambio climático. Ademais disto, os/as nenos/as teñen a posibilidade de familiarizarse co inglés, enriquecendo así o vocabulario sobre o tema proposto.
Non obstante, considero que o divertimento é moi importante, polo que a través dun xogo tamén existe a posibilidade de estar en contacto cos contidos da materia e de desenvolver competencias, neste caso non só as dixitais, senón tamén as relacionadas cos actos diarios e co respecto ó medio ambiente e á natureza.
En conclusión, ambos recursos supoñen un traballo individual a pesar de que tamén poderían ser adaptables a un grupo: o vídeo podería ser ensinado á clase en xeral e empregado como unha actividade para introducir o tema e desenvolver outras propostas didácticas, mentres que, o xogo, podería ser resolto en parellas nas que se axuden respecto ó que ó inglés encerne.