Ola de novo a todos e a todas, como ben xa sabedes, neste blog que estades a ler falamos acerca de todos os proxectos realizados para a clase de Novas Tecnoloxías e que, do mesmo xeito, están relacionados co cambio climático. Así, no proxecto de recursos educativos dixitais a miña elección foi a seguinte.
Por un lado, a miña primeira elección foi unha canción infantil á que se pode acceder en Youtube co nome de "La hora del Planeta - Canciones Infantiles: Ahora, el Planeta♪♪". Esta canción fala sobre certas medidas que se poden tomar para conseguir que a contaminación se reduzca, diminuíndo así o cambio climático. Así mesmo, cabe destacar que algún dos aspectos favorables deste vídeo é a incorporación de subtítulos pero, sobre todo, a diversidade que reflexa; é dicir, a aparición, tanto de nenos como de nenas, acompañados/as de adultos/as.
Así pois, o fundamento da miña elección é que tanto as cancións como os vídeos e, incluso os xogos didácticos, serven para aprender coñecementos novos e facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Pois ben, neste caso, unha canción que mediante a súa letra reflexa accións que se deberían facer para reducir a contaminación, pode ser un gran mediador entre o alumnado e os contidos a aprender. Deste xeito, ó mesmo tempo que se adquiren conceptos, tamén se conciencia ós/ás cativos/as acerca da importancia de coidar o medio ambiente para lograr que o cambio climático diminúa.
En segundo lugar e, por último, decanteime por elixir un recurso máis familiar pero ó mesmo tempo innovador, un libro dixital que se coñece co nome de "El Secreto de Olga". Neste libro cóntanse as aventuras de Marcos e Olga, unha nena que vive nun lugar repleto de lixo coa súa irmá enferma a causa da contaminación existente no medio. Deste xeito, para axudala, Olga acudirá ao seu amigo Marcos e, xuntos emprenderán aventuras para salvar o planeta e a Lina, irmá de Olga.
A miña elección deste recurso foi debido a que os libros sempre foron unha fonte na que poder atopar información variada sobre temas determinados e, neste caso, sobre o cambio climático. Así, todos e todas poderán ter como referencia os actos realizados tanto por Olga como por Marcos e empregalos na súa vida diaria co obxectivo de reducir as malas condutas cara o medio ambiente.
Pois ben, con ambos recursos dixitais preténdese tanto concienciar a todos/as os/as cativos/as da importancia de coidar o medio ambiente como conseguir que estes/as adquiran novos contidos acerca dunha gran problemática como é o cambio climático. Non obstante, cabe destacar que coa miña elección non pretendo outra cousa que reflexar que coa axuda de cancións, xogos e vídeos tamén se pode aprender e, polo tanto, non só os libros son unha fonte fiable de información, pois a día de hoxe contamos con múltiples posibilidades, como son as citadas anteriormente.
Lucía Vázquez Vázquez

No hay comentarios:
Publicar un comentario