viernes, 1 de mayo de 2020

REVISIÓN DE RECURSOS - Chiara Tapparo

O tema central do noso blog, como xa sabedes, é o cambio climático, polo que, respecto ós recursos elixidos, decanteime por dúas tipoloxías diferentes: un vídeo e un xogo online.

Por un lado, respecto á miña elección dun vídeo de Youtube denominado "Cambio climático para niños", cabe destacar que esta foi deido a que mediante os videos tamén se poden explicar contidos e, neste caso, faise referencia ó cambio climático. En especial, centreime neste vídeo xa que expresa o tema dunha maneira sinxela pero con contidos e metodoloxías significativas, incuíndo todas as temáticas importantes sobre o noso tema incial; é dicir, sobre o cambio climático. Así mesmo, este vídeo ofrécelle ós/ás cativos/as a posibilidade de atopar nel previas explicacións orais, dos fenómenos máis importantes, asociadas a imaxes que facilitan a adquisición de conceptos e/ou contidos.


Deste xeito, mediante o uso dos vídeos, ofrécense diversas posibilidades de manexar os contidos, de retroceder e revisar aqueles conceptos confusos e, incluso, de aclarar dúbidas visualizando de novo as partes importantes. Así, con esta proposta didáctica coidaba traballar os obxectivos relacionados co fenómero, pero, tamén desenvolver as competencias dixitais (unha das competencias chave europeas), permitíndolle ós/ás nenos/as familiarizarse co uso de internet e con recursos audiovisuais cos que poder explorar e coñecer os seus potenciais.

Polo outro lado, respecto ó xogo online elixido, coñecido como "Energy saving game", cabe destacar que este é un xogo que forma parte dun proxecto en rede para nenos e nenas chamado "Olli's world", no que se abarca o tema do cambio climático. Non obstante, este é un proxecto en inglés, polo que tamén o xogo elixido como recurso educativo o é.
Este, é un xogo tipo quiz que invita ós/ás cativos/as a xogar e traballar co tema do aforro enerxético e, dado que os elementos do xogo son obxectos que estes/as poden atopar nas súas casas, este recurso permítelles reflexionar acerca dos actos diarios que poden realizar para unha preservación e conservación do medio ambiente, ao igual que para combater paseniñamente o cambio climático. Ademais disto, os/as nenos/as teñen a posibilidade de familiarizarse co inglés, enriquecendo así o vocabulario sobre o tema proposto.


Non obstante, considero que o divertimento é moi importante, polo que a través dun xogo tamén existe a posibilidade de estar en contacto cos contidos da materia e de desenvolver competencias, neste caso non só as dixitais, senón tamén as relacionadas cos actos diarios e co respecto ó medio ambiente e á natureza.

En conclusión, ambos recursos supoñen un traballo individual a pesar de que tamén poderían ser adaptables a un grupo: o vídeo podería ser ensinado á clase en xeral e empregado como unha actividade para introducir o tema e desenvolver outras propostas didácticas, mentres que, o xogo, podería ser resolto en parellas nas que se axuden respecto ó que ó inglés encerne.
Chiara Tapparo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Por último e, para despedirnos, queremos presentarvos o noso último proxecto que, como ben sabedes, é unha Web .  Pois ben, nesta web t...