Boas tardes a todos e todas.
Dado que o noso tema inicial é o cambio climático, seleccionei dous recursos educativos dixitais beneficiosos para axudar a concienciar ós/ás nenos/as sobre esta gran problemática que está a calcinar o noso planeta.
En primeiro lugar, o meu primeiro recurso é un vídeo sacado de Youtube que recibe o nome de "Taller Cambio Climático - Vídeo para educar a niños". Cabe destacar que neste vídeo recóllese información acerca das repercusións que xera o cambio climático ao redor do mundo e, mesmo reflexa a importancia de previr que este gran problema continue aumentado a través de diversos consellos e posibles medidas a tomar para protexer o planeta.
Pois ben, con esta elección, pretendo amosar que mediante os vídeos tamén se poden adquirir coñecementos totalmente novos ao mesmo tempo que fortalecer aqueles xa coñecidos. Así pois, coa axuda deste vídeo, pretendo comunicar dunha forma teórica e instructiva as causas e consecuencias máis detonantes do cambio climático. Así mesmo, cabe destacar que, en gran medida, a miña elección foi debido a que neste vídeo podemos apreciar diversidade; é dicir, nel refléxanse personaxes tanto masculinos como femininos e, ademais apréciase innovación e creatividade a través das imaxes proporcionadas.
En segundo lugar e, para rematar, decanteime pola elección dun videoxogo didáctico nomeado "Comandogioseppo" no que non se pretende outra cousa máis que concienciar a todos/as os/as cativos/as da importancia de realizar a práctica de reciclaxe diariamente, pois así tamén se colabora a reducir o cambio climático.
Así pois, esta elección debeuse a que coa axuda dos videoxogos, que son, polo xeral, moi empregados por todos os nenos e nenas, estes/as poden chegar a aprender novos contidos e mesmo retelos na memoria durante un longo período de tempo. Deste xeito, a finalidade de empregar este xogo, ademais de provocar a motivación coa diversión, é que o alumnado aprenda a importancia que ten coidar e respectar o medio ambiente.
En conclusión, considero que ambos recursos dixitais ofrecen novas oportunidades no proceso de ensinanza-aprendizaxe unha vez incorporar imaxes, sons, interactividade e creatividade así como elementos que reforzan a comprensión e motivación tanto no alumnado como no profesorado.
Maider Torregrosa Redondo

No hay comentarios:
Publicar un comentario