Ola! Como xa sabedes, o noso proxecto céntrase no cambio climático polo que, nesta segunda entrada individual, vou falar sobre os dous recursos que considerei máis adaptados para que o alumnado traballara sobre esta temática.
Pois ben, un dos recursos é un xogo didáctico chamado "Memorama del calentamiento global" e que pertence a unha páxina web denominada "Aprendizaje Verde".
O xogo proposto consta dunha serie de cartas que, dentro da propia páxina, poderás descargar para a elaboración da práctica, realizando así os procesos de imprimir e recortar. Dito xogo, consiste en que o alumnado debe facer parellas coas cartas: é dicir, achar aquelas cartas que sexan idénticas. Non obstante, cada parella de cartas contén medidas e/ou solucións que poden axudar a frear o cambio climático.
Deste xeito, considero que é unha forma amena e divertida para realizar o proceso de aprendizaxe xa que, dende o meu punto de vista, os nenos e nenas sempre estarán máis motivados a participar e aprender se isto se fai mediante un xogo.
O outro recurso que elixín, é unha páxina web denominada "Cambio Climático Global". Esta web emprégase, ao mesmo tempo que serve, para buscar información, aclarar as dúbidas existentes respecto ó cambio climático e as súas consecuencias e mesmo para resolver os conceptos menos claros acera do quentamento global, entre outras.
Considero pois, que esta é unha ferramenta moi útil dado que, a meirande parte das veces, precisamos saber ou conversar sobre un tema, que para nós é practicamente descoñecido, polo que, sempre se pode recorrer a páxinas web que nos informen sobre eses temas descoñecidos, neste caso sobre o cambio clímatico e, a maiores, sobre o quentamento global e o efecto invernadoiro. Polo tanto, este recurso pode ser moi apropiado para que o alumnado de Educación Primaria visite e adquira coñecementos sobre o tema a tratar.
Fátima Suárez Fontán


No hay comentarios:
Publicar un comentario