jueves, 14 de mayo de 2020

INSTRUMENTÁNDONOS

Para esta seguinte tarefa que realizamos tivemos que deseñar unhas actividades multimedia interactivas relacionadas co noso tema inicial; é dicir, co cambio climático. Para iso, cabe destacar o uso de dúas ferramentas chave.

Por un lado, a primeira ferramenta da que fixemos uso foi Educaplay, unha plataforma deseñada para crear xogos didácticos, educativos e pedagóxicos que ofrecen a posibilidade de traballar con contidos e conceptos disciplinais. Ademais, contamos coa posibilidade de deseñar actividades que poden ser empregadas como revisión final e, ó mesmo tempo, como medio de avaliación alternativo. Así, en canto ós recursos expostos, podiamos escoller unha ampla variedade destes, posto que hai moitos tipos de xogos distintos. A pesar disto, todos os xogos teñen como obxectivo desenvolver e, por en práctica, diferentes competencias.

Deste xeito, consideramos que a plataforma Educaplay resultounos sinxela á hora de traballar xa que para o deseño das actividades contabamos coa axuda dun vídeo tutorial optativo no que se atopaban todo tipo de explicacións.

A segunda ferramenta que empregamos foi ExeLearning, a pesar que nun primerio momento traballamos con Edilim, un software deseñado para crear materiais educativos pero que, ó contrario de ExeLearning, ofreceunos unha ampla variedade de obstáculos. Así pois, a plataforma de ExeLearning trátase dun editor de libros que permite desenvolver actividades interactivas para distintas materias co fin de adecuar os contidos ao nivel preciso, contando pois, coa opción de engadir imaxes e sons, entre outros moitos instrumentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Por último e, para despedirnos, queremos presentarvos o noso último proxecto que, como ben sabedes, é unha Web .  Pois ben, nesta web t...