Despois de barallar varias posibilidades decantámonos polo tema do cambio climático (as súas causas e efectos). Para iso, realizaremos unha web de recursos educativos dixitais na que esperamos poder plasmar todas as ideas coas que contamos, así como as actividades realizadas na aula.
Para comezar, buscaremos máis información sobre este tema mediante diferentes instrumentos, tales como vídeos, libros de texto, periódicos ou revistas, páxinas webs fiables... que, ao mesmo tempo nos axudarán a concienciar as mentes cativas a través de prácticas educativas basadas na experimentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario