martes, 4 de febrero de 2020

PRIMEIRAS IMPRESIÓNS

Ola, somos Fátima Suárez Fontán, Chiara Tapparo, Maider Torregrosa Redondo e Lucía Vázquez Vázquez, catro alumnas de Educación Primaria da Universidade de Vigo. Cabe destacar que una das integrantes deste grupo é una chica italiana de erasmus na Universidade de Vigo. 
Nesta primeria entrada do noso blog detacaremos cales son as expectativas que temos cada unha de nós sobre a materia de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria; unha materia correspondente ao primeiro ano de Educación Primaria.



A miña primeira impresión foi que pensei que sería máis tecnolóxico; é dicir, facer webs ou algo similar polo nome da materia, pero unha vez escoitado á mestra o meu pensamento cambiou radicalmente e chamoume moito a atención. O feito de desenvolver, crear e descubrir distintos programas fixo que aumentara a miña curiosidade de querer aprender e motivoume a comezar, xa que sei que aínda que a materia me causou boa impresión, será todo un reto para min aprender.
O que máis espero ou desexo dela, básicamente é adquirir novos conceptos, xa que penso que é unha materia interesante e que motiva a aprender novas formas de uso das tecnoloxías que a día de hoxe están tan implantadas na nosa sociedade e que traballándoas de forma adecuadas e sobre todo cun fin educativo, serán moi útiles para o noso futuro e traballo.

Fátima Suárez Fontán 

Tras a primeira sesión do curso, paréceme que os temas que imos tratar serán moi interesantes e útiles para o noso futuro traballo xa que vivimos nunha sociedade dominada pola tecnoloxía e os medios.
Espero aprender as potencialidades dos diferentes programas dixitais e como poder empregalos na práctica cotidiana e transmitir estes coñecementos e competencias aos nenos/as.
Chiara Tapparo

En primeiro lugar considero que as TIC nos están ofrecendo a nivel educativo, tanto ó profesorado como ó alumnado, unha forma diferente de aprender e ensinar.

Respecto ás primeiras impresións pareceume unha materia que precisa unha dedicación diaria e constante xa que que é moi útil para o sistema educativo.
Pese a que non estou moi familiarizada coas TIC, gustaríame aprobeitar ó máximo esta asignatura para ter unha boa formación no futuro e poder aplicalas como docente.
Maider Torregrosa Redondo

Logo da primeira clase de 'Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria' creo que esta me vai aportar moita fiabilidade á hora de realizar numerosos traballos ao longo da miña vida e tamén á hora de realizar búsquedas en Internet. Así mesmo considero que me vai aportar moitos novos coñecementos que, una vez interiorizados, poderei empregar nun futuro próximo e mesmo empregalos nunha futura clase para facer esta máis dinámica e motivar así a todo o alumnado a aprender.
Deste xeito, considero moi importante esta asignatura xa que me poderá axudar a enfocar a tecnoloxía para o ensino-aprendizaxe.
Lucía Vázquez Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Por último e, para despedirnos, queremos presentarvos o noso último proxecto que, como ben sabedes, é unha Web .  Pois ben, nesta web t...